
Hola xente: aquí estamos outra vez máis para seguir enriquecendo este maravilloso blog ahí van máis perlas da nosa gran cultura:
-Sabes cando a ovella ten máis pelo? Cando ten o carneiro por riba
-...e o que non ten que rañe
-Que non sea nada e si é que sea de joma para que non coma
-...é mala coma o trono
-Non se arrejla nin con unha placa nova
-Flipan a matar
-Míralle para o rabo
-Nunca fun tan vello coma hoxe, pero aínda é máis vello meu pai
-Teño 70 anos, non hai vaca tan vella no barbansa
-Corta o que ve e deixa o que encontra
-...a comer coma o mascato
-...ei de deixar o que me sobre
-Madeira de carallo, é boa madeira para un pasamanos
-É millor caer unha pipa de saín
-Mecajona jloria dos cans
-Son todos cans do mismo palleiro
-Besta vella non jarda paso
-A conta do pano aprende a costureira
-Non hai tantos contos en ningunha parte do mundo coma no mundo inteiro
Ben como podedes ver aquí quedan outras frases e ditos que quedarán nos anales da historia deste blog como sempre dicimos en forma de homenaxe, dar as gracias a todas aquelas personas polas cales podemos sacar moitas das frases aquí escritas; sen elas non sería nada este blog, vémonos nunha vindeira ocasión