jueves, 27 de marzo de 2008

e de volta estamos


Hola xente: aquí estamos outra vez máis para seguir enriquecendo este maravilloso blog ahí van máis perlas da nosa gran cultura:


-Sabes cando a ovella ten máis pelo? Cando ten o carneiro por riba

-...e o que non ten que rañe

-Que non sea nada e si é que sea de joma para que non coma

-...é mala coma o trono

-Non se arrejla nin con unha placa nova

-Flipan a matar

-Míralle para o rabo

-Nunca fun tan vello coma hoxe, pero aínda é máis vello meu pai

-Teño 70 anos, non hai vaca tan vella no barbansa

-Corta o que ve e deixa o que encontra

-...a comer coma o mascato

-...ei de deixar o que me sobre

-Madeira de carallo, é boa madeira para un pasamanos

-É millor caer unha pipa de saín

-Mecajona jloria dos cans

-Son todos cans do mismo palleiro

-Besta vella non jarda paso

-A conta do pano aprende a costureira

-Non hai tantos contos en ningunha parte do mundo coma no mundo inteiro


Ben como podedes ver aquí quedan outras frases e ditos que quedarán nos anales da historia deste blog como sempre dicimos en forma de homenaxe, dar as gracias a todas aquelas personas polas cales podemos sacar moitas das frases aquí escritas; sen elas non sería nada este blog, vémonos nunha vindeira ocasión

sábado, 8 de marzo de 2008

O mítico José Tojeiro: "me echaron droja en el cola cao".



Este é o link de youtube para que todos quededes abraiados con un dos relatos máis míticos da televisión deste pais, a carjo dun paisano que é todo un personaje. ¡Tremendo! Para escachar de risa e non parar.
Con palabras e frases alucinantes como: "Prespitasión", "prestitutas", "peroo, que eran voluntarias eh, pero naturalmente yo les pajaba por ello eh", "me echaron droja en el cola cao", "una, bajita pelo largo, la otra, una rubia de 32 años", etc... Un paisano do noso pais quero pensar que atípico. ¡Que disfrutedes!

miércoles, 5 de marzo de 2008

Moi boas


-Aquí estamos para meterlle unha nova entrada, nesta ocasión son frases que se refiren a parentescos ahí vos van, disfrutádeas

Un home é un home, un jato un bicho e unha muller un capricho

E coma ter un pai e telo morto

Se miña abuela tuvera rodas sería unha carretilla

Se morro eu morre o mellor amigo

Para quen é meu pai bastante é miña nai

Home casado nin muller é
Seguiremos metendo máis cousas nun futuro próximo

Ahí van máis:


-Ben aquí estou para meter outras frases míticas que se oen por estas terras:
!Cómo roncas borneira!
Jódoche canto quero e sóbrame tempo
A dónde vas sin parajuas chovendo lansas!!!!!
Por moito que alumbre a luna nunca é coma o día
Xente nova e leña verde todo é fume
Eu son bo rapas, sería mellor se comera toxos
Xente vella e leña seca todo é borralla
-Tamén hai outras que se refiren ó aforro económico ditas máis ben por xente
moi agarrada, ahí van unhas cantas:
Xúntase máis a pedir que a dar
A dar ninguén se fixo rico
Por este ano acabouse o de dar
-Pois moi ben amigos por agora van estas, de seguro que en vindeiras entradas seguiremos escribindo máis xoias coma estas neste maravilloso blog

domingo, 2 de marzo de 2008

BASTADAS DE CADA DÍA 2.

Vou plasmar aquí unhas novas bastadas, todas empesan por "Me cajo en ...", pero vou a obviar as que xa conosemos todos ou escoitamos máis frecuentemente, pois para iso, ya vos poño ao final deste artículo un link dun paisano cabreado que en dous minutos "fai de vientre" máis de cincuenta veces, ¡incríble!. Asi que sólo poño as menos escoitadas:

Me cajo en Sen Dios.
Me cajo no sementerio.
Me cajo nos Santos todos que alumbran no sementerio.
Me cajo no verse que che avalou.
Me cajo na chispa.

Seica son un pouco fuertes, pero quen non oeu aljunhas destas animaladas. Xa sei que si sólo poñemos bastadas neste blog, daráse unha imaxen distorsionada da nosa fala e costumes e da nosa cultura, por iso prometo máis adiante contar outras anécdotas e expresións menos brutais, máis cultas e enxebres, e por si me olvidei de aljhún "Me cajo...", deixovos o link de Youtube do fulano do hormijón, a este paisano noso si que non se lle olvida ninjún "Me cajo...":

http://www.youtube.com/watch?v=ledvcmW337Q

Por ahora isto échevos o que hay.

sábado, 9 de febrero de 2008

COMEZAMOS FORTE. BASTADAS DE CADA DÍA 1.


Ben queridos lectores deste blog, imos facer mención dun apartado no que imos clasificar as expresións máis fortes que se poden oir por estes barrios, sei que soan maleducadas ó ler, pero á súa vez son frases reais recopiladas con moito "agarimo" para este blog, seguramente noutras novas entradas futuras haberá máis pero penso que cas que van agora podemos sentirnos ben servidos (por agora):
-Se miña abuela tuvera collóns sería meu abuelo
-Cada un fai do seu carallo un trompo, sempre que lle den madeira
-Cada can que lamba o seu carallo
-Debía levar unha patada na tapa da cona
-Róncalle o carallo
-Hai que joderse para manterse e de carallo encherse
-A cortar collóns apréndese a capar
-....de tres pares de collóns
-Jode un huevo e ma la yema do outro
-Chupa aquí e mama na casa
-O que cala jode ó que fala
-Cada un fai do seu cú un cementerio de carallos
-Tócalle o carallo á lancha
-Vale máis un cú apretado que unha cona floxa
-Se non é joder parese
Como podedes apreciar son a maior parte das frases moi mal soantes, pero repito son reais coma a vida mesma, frases ditas por xente coma ti e coma min, un saúdo e ata outra entrada

AS PRIMEIRAS EXPRESIONS


Imos comezar entrando directamente en materia escribindo xa as primeiras frases feitas ou ditos que por esta zona, e seguramente por outras de galicia se din, intentaremos clasificalas polo que máis ou menos queren expresar ou teñen máis ou menos a mesma finalidade "didáctica", ahí van unhas cantas:
-Sales ca chimenea a popa e sales dando cabesasos contra o chan; estas dúas expresións úsanse para aquelas persoas que salen ebrias dun local.

domingo, 27 de enero de 2008

Primeira Entrada. O Por qué deste Blog.

Cada día convivimos cos nosos paisanos, sendo nós uns máis deles, aínda que quizáis un pouco máis afortunados, por haber obtido unha educación que hoxe nos vale para valorar todas estas expresións que escoitamos a cotío, e que sen dúbida sentímonos na obriga de rescatar e non deixar que se esquezan.


Facémolo dende o cariño e a admiración ao noso pobo e ás súas entrañables xentes, ás que dende esta primeira entrada agradecemos que sexan como son, como sempre foron, e que non cambien nunca, por que as súas orixinais verbas, expresións e personalidade son para nós unha fonte inagotable de inspiración e, aínda que alguén pense que non, un reflexo fiel da idiosincrasia propia do noso país.


Unha vez deixado claro que isto non é máis ca unha homenaxe, este blog non tería sentido se o seu contido reflexase o pudór do politicamente correcto, alexándose desa realidade que precisamente queremos plasmar. Por iso non haberá tapuxos á hora de conta-las cousas tal e como sucederon sen maquillaxe nin hipocresía algunha.

Do mesmo xeito, a linguaxe que se usará non será o galego normativo (o destas mesmas palabras), ese que, segundo algúns burócratas do Goberno Autonómico e maila RTVG, é o correcto. Non o será por que será o galego auténtico, aquel que falen os protagonistas deste blog, que non son máis que os homes e mulleres, rapáces, mozos e mozas, vellos e vellas que viven e se desembolven nas comarcas de Muros e Noia e A Barcala sobre todo. E é obvio, que esta xente fala con seseo, gheada e, en fin, co que aprenderon dos seus vellos.


Por todo iso, esta primeira entrada deste blog será a derradeira na que se "fale" no galego "correcto".


Todo isto, non deixa de ser a nosa cultura, unha cultura que dende o parecer dos creadores deste blog, é tan digna de ser preservada como calquera outra, tan rica e complexa como a que máis, e mái bonita e auténtica ca ningunha.


Sen máis, un saludo a tódolos lectores deste blog e un profundo agradecemento a tódos aqueles que protagonizarán, sen sabelo, esta páxina, FALAS DA ALDEA.