sábado, 9 de febrero de 2008

COMEZAMOS FORTE. BASTADAS DE CADA DÍA 1.


Ben queridos lectores deste blog, imos facer mención dun apartado no que imos clasificar as expresións máis fortes que se poden oir por estes barrios, sei que soan maleducadas ó ler, pero á súa vez son frases reais recopiladas con moito "agarimo" para este blog, seguramente noutras novas entradas futuras haberá máis pero penso que cas que van agora podemos sentirnos ben servidos (por agora):
-Se miña abuela tuvera collóns sería meu abuelo
-Cada un fai do seu carallo un trompo, sempre que lle den madeira
-Cada can que lamba o seu carallo
-Debía levar unha patada na tapa da cona
-Róncalle o carallo
-Hai que joderse para manterse e de carallo encherse
-A cortar collóns apréndese a capar
-....de tres pares de collóns
-Jode un huevo e ma la yema do outro
-Chupa aquí e mama na casa
-O que cala jode ó que fala
-Cada un fai do seu cú un cementerio de carallos
-Tócalle o carallo á lancha
-Vale máis un cú apretado que unha cona floxa
-Se non é joder parese
Como podedes apreciar son a maior parte das frases moi mal soantes, pero repito son reais coma a vida mesma, frases ditas por xente coma ti e coma min, un saúdo e ata outra entrada

AS PRIMEIRAS EXPRESIONS


Imos comezar entrando directamente en materia escribindo xa as primeiras frases feitas ou ditos que por esta zona, e seguramente por outras de galicia se din, intentaremos clasificalas polo que máis ou menos queren expresar ou teñen máis ou menos a mesma finalidade "didáctica", ahí van unhas cantas:
-Sales ca chimenea a popa e sales dando cabesasos contra o chan; estas dúas expresións úsanse para aquelas persoas que salen ebrias dun local.

domingo, 27 de enero de 2008

Primeira Entrada. O Por qué deste Blog.

Cada día convivimos cos nosos paisanos, sendo nós uns máis deles, aínda que quizáis un pouco máis afortunados, por haber obtido unha educación que hoxe nos vale para valorar todas estas expresións que escoitamos a cotío, e que sen dúbida sentímonos na obriga de rescatar e non deixar que se esquezan.


Facémolo dende o cariño e a admiración ao noso pobo e ás súas entrañables xentes, ás que dende esta primeira entrada agradecemos que sexan como son, como sempre foron, e que non cambien nunca, por que as súas orixinais verbas, expresións e personalidade son para nós unha fonte inagotable de inspiración e, aínda que alguén pense que non, un reflexo fiel da idiosincrasia propia do noso país.


Unha vez deixado claro que isto non é máis ca unha homenaxe, este blog non tería sentido se o seu contido reflexase o pudór do politicamente correcto, alexándose desa realidade que precisamente queremos plasmar. Por iso non haberá tapuxos á hora de conta-las cousas tal e como sucederon sen maquillaxe nin hipocresía algunha.

Do mesmo xeito, a linguaxe que se usará non será o galego normativo (o destas mesmas palabras), ese que, segundo algúns burócratas do Goberno Autonómico e maila RTVG, é o correcto. Non o será por que será o galego auténtico, aquel que falen os protagonistas deste blog, que non son máis que os homes e mulleres, rapáces, mozos e mozas, vellos e vellas que viven e se desembolven nas comarcas de Muros e Noia e A Barcala sobre todo. E é obvio, que esta xente fala con seseo, gheada e, en fin, co que aprenderon dos seus vellos.


Por todo iso, esta primeira entrada deste blog será a derradeira na que se "fale" no galego "correcto".


Todo isto, non deixa de ser a nosa cultura, unha cultura que dende o parecer dos creadores deste blog, é tan digna de ser preservada como calquera outra, tan rica e complexa como a que máis, e mái bonita e auténtica ca ningunha.


Sen máis, un saludo a tódolos lectores deste blog e un profundo agradecemento a tódos aqueles que protagonizarán, sen sabelo, esta páxina, FALAS DA ALDEA.